NUNÚ NO XARDÍN

NUNÚ NO XARDÍN
Datos do libro:
Autores: Cally Stronk, Constanza V. Kitzing
Editorial: Kalandraka
Idades: 0+
Idioma: Galego


Bos días! Comezamos unha nova semana moi especial, pois o xoves, como moitos e moitas xa sabedes celébrase o día do libro. Pero o que seguro que non todos/as coñeciades é que mañá, 22 de abril é o día internacional da terra, é por iso tanto hoxe como mañá as publicacións estarán dedicadas ao entorno.
A publicación de hoxe está dirixida aos/ás máis pequenos e pequenas, cun conto que permite unha primeira aproximación a natureza e mañá traerémosvos unha proposta para os/as maiores, para coñecer unha pedagoxía que traballa co entorno.
Nunú no xardín” forma parte dunha serie de libros de cartón cos cantos romos para pre-lectores e primeiros lectores. Neste volume o elefante protagonista experimenta cos cinco sentidos a través da natureza: a calor do sol, o sabor dos froitos, o rechouchío dun paxaro, o arrecendo das flores, o colorido do arco da vella. É unha lectura sinxela pero chea de tenrura que se pode compaxinar cunha actividade na cal a medida que o elefante descubre os seus sentidos os nenos e nenas tamén o fagan cos recursos cos que dispoñamos na casa, ou na contorna.
Esperamos que vos pareza interesante!! Si queredes facervos co libro, deixámosvos AQUÍ o enlace.
 - Para quen o prefira deixamos o enlace ao conto en castelán

Comentarios