MÁIS CONTOS EN CANTOS

Bos días a proposta de hoxe é en galego.
Os contos ademais de ser contadados tamén poden ser cantados e abrirse polos oídos.
Datos do libro-CD:
Título: Máis contos en cantos

Autora: Almudena Janeiro

Ilustrador: Borja Guerrero


Editorial: OQO EDITORA

Idioma:GALLEGO
Idade recomendada: + 1 ano







Este conto parte da antoloxía de historias populares e de autor baseadas no fondo editorial OQO como:
  1. Chocolata
  2. A mellor sopa do mundo
  3. A voda do Galo Pinto
  4. A máscara do león
  5. Cocorico
  6. A figueira de Pelostortos
  7. Maruxa
  8. Picurruchos
  9. A princesa do Caurel
  10. Chega un avión!
  11. Corre, corre, cabaciña!
  12. Nariz de ouro

A nova achega "Máis contos en cantos", mestura literatura, imaxe e estilos musicais diversos para que os cativos/as, e non tan cativos, gocen da lectura, do son e da estética. 
Os lectores poderán cantar e bailar diferentes estilos como o reggae coa Máscara do león, rumba con Picurruchos, polca con Maruxa ou atreverse cunha mexicana coa Voda de Galo Pinto. 
A música tradicional portuguesa, protagonista de Corre, corre cabaciña e, con A figueira de Pelostortos, atoparán música de terror. 

Viaxara con Chocolata á cidade para visitar os baños, pero farano cantando. Faranse amigos de Tartaruga, un dos protagonistas de A mellor sopa do mundo e coñecerán os animais do bosque que se acubillan na súa casa. A canción acumulativa da Princesa do Caurel permitiralles memorizar facilmente a letra e, se cadra, inventar un baile para completala. 


Dexesamos que disfeutedes deste CD-libro cheo de melodías e imaxes para gozar, ao mesmo tempo, dos sons e da lectura.

Comentarios

Publicar un comentario