SANGUE 12
Datos do libro:
Autora: Cris Pavón
Editorial: Urco
Idades: 12+
Idioma: Galego
Datos do libro:
Autora: Cris Pavón
Editorial: Urco
Idades: 12+
Idioma: Galego
Boa tarde lectores e lectoras, como sabredes esta semana celebrase o día das letras galegas, por iso queremos achegarvos durante estes días varios recursos en galego. É moi importante que traballemos a nosa lingua, tanto o profesorado nas aulas, como as familias nas casas, pois forma parte do noso patrimonio cultural e ademais é unha fonte de riqueza.
O libro que vos traemos hoxe é unha novela para que os e as adolescentes se sumerxan nunha lectura que mestura o real e o fantástico, que vai dente o século XIX ao XXI. Preséntase como unha fábula vampírica que conxuga fíos de feminismo, tecnoloxía e literatura para tecer a historia do delongado transo adolescente da protagonista, unha rapaza que asume os propios devezos é constrúe unha identidade vista como aberrante polos demais.
Como se intúe polo argumento, este libro trata das diferenzas, cando comeza a adolescencia e se suceden os cambios máis importantes, tanto físicos como de personalidades, é necesario educar para comprender que o diverso non é malo, senón enriquecedor. Todos e todas somos distintos e iso non debe ser condicionante de exclusión, gústanos esta obra porque a vez que se fomenta a lectura nos/as xoves, estase fomentando o respecto e a tolerancia.
Non vos perdades esta lectura, a mestura do histórico co tecnolóxico pode resultar unha combinación fantástica que atrapará desde aos/ás máis xoves ata os/as maiores.
¡Se vos queredes faces con libro so tedes que clicar AQUÍ!
Comentarios
Publicar un comentario