Buenos días lectores y lectoras, hoy es un día muy especial pues se conmemora a Rosalía de Castro, que para la sociedad gallega es mucho más que una escritora. Generación tras generación, su figura ha sido referente por encima de ideas y geografías. Para los gallegos y gallegas ninguna otra figura literaria, cultural o política nos ha unido tanto en lo referente al sentimiento de pertenencia de la "tierra".
Por ese motivo queremos dedicarle nuestro post de hoy, para animar a los/as mayores a leer su obra y para ir introduciendo a los más pequeños y pequeñas esta figura literaria, que tanta relevancia a tenido y tiene.
A continuación y como no podía ser de otra manera seguiremos esta publicación en gallego, pues esta autora bien lo merece, su obra esta escrita en este idioma y además es una de nuestras lenguas maternas. Un pequeño gesto para homenajear a una gran mujer.
Autora: María Lado
Ilustradora: Eva Agra
Editorial: Urco
Idades: 5+
Sinopse:
Esta é a historia dunha nena que brillaba no silencio da noite…
…porque onde máis negra é a sombra é onde mellor se ven as estrelas.
Aprendizaxes:
Este libro non só permite viaxar ao pasado e coñecer como foi a vida deste autora e a súa literatura, senón que é unha canle para transmitir dende a primeira infancia a importancia da cultura e do "noso".
Por outra banda esta obra da visibilidade a Rosalia como muller de arte; pois como sabemos as voces femininas tenden a estar silenciadas ao longo da historia e está nas nosas mans cambiar a realidade, dando a coñecer non unicamente as súas obras senón tamén as súas vidas.
Valoración persoal:
Sen dúbida este libro encantounos como ferramenta para dar a coñecer a Rosalia de Castro, para traballar nas aulas pero sobre todo nas casas, onde quizáis nos resulte máis complexo aproximarnos a súa obra cos nenos e nenas de menor idade.
A través dunha perspectiva de xénero e unha visión feminista coñecerán a unha figura que dedicou a súa vida á cultura e á evolución de Galicia.
Actividades:
- Se partimos do conto "Parece unha rosa" podemos plantar cos nenos/as unha camelia e debuxar que necesitamos para plantar e para que viva a nosa planta.
- Facer un marcapáxina escribindo parte dalgún dos seus poemas.
- Xogar a completar os poemas con novas palabras.
- Os maiores poden ter acceso a unha UNIDADE DIDÁCTICA, premendo no PDF publicada pola Xunta
Se vos gustou este exemplar non dubidedes en compralo mediante o ENLACE que vos deixamos; deste xeito este pequeno proxecto pode continuar medrando día tras día.
Seguidenos tamén nas nosas redes de INSTAGRAM ou FACEBOOK; así coñeceredes de primeira man a actualización do noso contido!
Comentarios
Publicar un comentario