A ÁRBORE


Buenos días lectores y lectoras! Queremos saber que tal ha sido vuestro día del libro, si habéis tenido o hecho algún detalle especial, ¡os leemos en comentarios o en nuestras redes!

Nosotras como no podía ser de otra manera hemos regalado algún que otro libro, pues nos parece una forma muy bonita de compartir emociones, aventuras, valores y sobre todo amor por la lectura. 

Y nuestra forma de compartir todo eso con vosotros y vosotras es a través de este blog, escribiendo sobre nuestras experiencias y sensaciones de libros y juegos. Libros y juegos que usamos y que recomendaríamos a nuestra mejor amiga o amigo, por eso os animamos a que interactuéis con nosotras, porque nos encanta conocer vuestras opiniones y así hacer este espacio un poco más cercano. 

Hoy hemos querido continuar un poco con la línea temática de la semana pasada, esta vez con una lectura de la Editorial Baía, sin duda su formato e imágenes fue lo primero que nos llamó la atención, pero una vez lo tuvimos en nuestras manos y comenzamos la lectura quedamos maravilladas. 

Y de nuevo, al igual que la semana pasada esta obra está en nuestro querido idioma: el gallego; por ese motivo seguiremos cambiaremos de lengua para hacer la reseña. 

¡Esperamos que os guste!


Datos do libro:
Autora: Petra Barttíková
Ilustradora: Magdalena Takácová
Tradutora: María Reimóndez 
Editorial: Baía 
Idades: 3+













Sinopse:
O vento zoa alá no alto, na coroa da árbore. As pólas abanean e fregan as unhas contra as outras mentres que, nalgún lugar por debaixo delas, na fenda enorme chea de larvas de vacaloura, alguén peta no tronco da árbore. A araña, que pende dun fío, acba de tecer outra arañeira. E o cuco canta no seu niño: cu-cu! Así pasa a vida cada día nunha árbore. Un carballo é como unha casa, con moitos animais, pequenos e grandes, vivindo nela. Pode que xa coñezas algúns. Pero se entras neste libro poderás coñecer máis e visitar un carballo centenario...

Aprendizaxes:

Esta lectura é sinxela pero ao mesmo tempo moi rica, sobre todo no referente ao vocabulario xa que permite coñecer unha ampla variedade de animais. 

  • Vocabulario en galego: as novas xeracións empregan moitos castelanismos cando falan galego, por iso esta lectura é un reforzo positivo para traballar os animais neste idioma. Nenos e nenas poderán ir descubrindo novas palabras e incluso novos animais. 
  • Descubrimento da fauna: seguramente moitas persoas non coñecen ou nunca viron unha pega marza, ou quizáis si pero non souperon identificala. Esta lectura é unha primeira aproximación para aqueles e aquelas que decidan coñecer un pouco mellor a súa contorna. 
  • Cursiosidade: na infancia aquilo que é novo ou que non coñecemos parece que chama máis a atención ou que queremos saber máis sobre iso; sobre todo cando aparentemente é atractivo. As imaxes deste libro teñen ese poder de espertar a curiosidade e conseguir que nenos e nenas queiran saír ao exterior a identificar todo o que previamente leron. 




Valoración persoal:

A primeira vez que vimos este libro foi a través da web da Editorial Baía é encantounos o seu formato, pois a medida que vas avanzando no libro vanse descubrindo novas capas da árbore. 

As cores e as ilustracións fan desta obra un recurso co que captar a atención dos nenos e nenas. Sen dúbida unha vez o tivemos nas nosas mans conquistounos ao 100% ocurríndosenos mil formas de acompañar esta lectura, que de por sí xa ten un potencial increíble. 

O texto é sinxelo pero atractivo e sen dúbida moi completo para traballar o vocabulario. Ademáis ao final poderedes encontrar algunha curiosidade como que o Baobao e unha árbore que medra en Africa e que supera os dous mil anos; pero se queres saber máis deberás facerte co teu exemplar, que sen dúbida merece a pena. 



Actividades:

1. Lapbook: a palabra Lapbook ven de libro tapa ou tapa libro, é dicir, un libro con solapas despregables. Nos queremos propoñer un formato que siga a temática da lectura, e dicir, sobre as árbores. ¿Para que nos sirve esta actividade?

  • Materializar o aprendido
  • Recoller información sobre moitos aspectos investigados
  • Comunicar aos nosos compañeiros e compañeiras en voz alta o que descubrimos, con apoio de todas as solapas do libro.
Partes: o primeiro paso será coñecer as árbores en xeral, para iso deberemos identificar as súas partes. 
Co seguinte PDF teredes un modelo co cal poderán recortar as palabras e colocalas onde correspondan en cada caso. 



Como nace e medra unha árbore: nestas xanelas teremos primeiro que ordenar o ciclo dunha árbore e así quedaran reflexadas as diferentes etapas de crecemento: dende que a semente cae ao chan ata que brota a árbore.
No PDF atoparedes as imaxes do proceso desordeadas, para que os nenos e nenas as recorten e as peguen segundo o proceso ou para que no mesmo folio as numeren. 




As árbores necesitan: mediante a representación gráfica e de forma visual terán todos os elementos que necesita unha árbore para poder vivir no nosos bosques. Podedes empregar o PDF que creamos ou usalo como plantilla para que cada neno ou nena cree o seu propio. 



A palabra árbore: noutro bolsillo atoparemos a palabra árbore en inglés, éuscaro, francés, catalán, galego, romanés, portugués, holandés, etc.

As miñas árbores favoritas: nestas solapas terán que debuxar cales son as súas árbores favoritas ou pegar fotos daquelas que atopan cando van de excursión ou de paseo polos nosos bosques.

O PDF ten a forma para ser recortado e pegado polos bordos de xeito que creemos unha caixa; cando a teñan lista podena usar para gardar aqueles elementos que chaman a súa atención nas saídas de campo. 





Os froitos das árbores: tras explicar e comprender o que son as árbores froiteiras, nenos e nenas terán debuxar ou recortar de revistas de supermercado aquelas que máis lles gusten e pegalas nos diferentes cadros  que aparecen no PDF como se fose unha exposición artística.




2. Descubrindo as árbores 
Esta actividade é igual a que propuxemos a semana pasada, adaptada ao contido desta lectura. Con imaxes extraídas dunha das páxinas finais.
Nesta actividade ademáis de traballar a identificación dos elementos naturais poderemos fomentar a reciclaxe dandolle unha segunda vida a un obxecto que é bastante común atopar nas casas: unha caixa de ovos. 
Para comezar pegaremos a plantilla que vos deixamos no PDF na solapa da caixa. Esta será a nosa guía para recolectar aquelas follas de árbores que son moi comúns en Galicia, para que deste xeito ademáis de explorar poidan traballar a identificación. 




Animámosvos a visitar a WEB da Editorial Baía e coñecer os seus títulos ¡seguro que vos encantan! Tamén podedes visitar o seu perfil de INSTAGRAM (@baiaedicions).

E se conseguimos chamar a vosa atención con esta obra e queredes facervos co voso exemplar so tedes que facer clic no seguinte ENLACE. É un pequeno xesto que axuda a manter vivo este proxecto. 

Por último, non olvidedes de seguirnos nas nosas redes INSTAGRAM ou FACEBOOK ¡para estar sempre ao día das nosas publicacións!

Comentarios

  1. Me encanta vuestro blog, me enseñais libros que no conocia, y son preciosos, un ejemplar de este libro lo quieroooooooo. En nuestra casa el día del libro nos toco el topo que quería saber quien le habia echo aquello ennla cabeza, a mi hija de 2 años le encanto, nos reimos muchisimo, gracias x el blog

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias por tu comentario, estamos encantadas de poder contribuir a que tanto tú como tu pequeña podáis disfrutar de nuestro trabajo y te recomendamos este especialmente porque aprenderá un montón de vocabulario al mismo tiempo que podéis incluso jugar al veo-veo.
      Un saludo y gracias por seguirnos.

      Eliminar

Publicar un comentario