¡Buenos días lectores y lectoras! Los y las que ya nos conocéis un poco sabéis lo importante que es para nosotras trabajar el cuidado del medio y concienciar desde la primera infancia ese respeto por la tierra, al fin y al cabo es nuestro hogar y debemos hacer todo lo posible por que siga siendo así.
Hace poco ha llegado a nuestras manos una lectura que no nos ha podido gustar más, esta vez lo ha hecho de la mano de la Editorial Galaxia, si hay algún o alguna gallega leyendo seguro que la conoce de sobra. Es una editorial con grandes obras publicadas, y recientemente a añadido a su lista "Akna. Os mariñeiros da terra do xeo".
Este libro esta escrito en gallego, por lo que a partir de aquí cambiaremos de idioma. Para los de fuera de Galicia os animamos a leerla igualmente, veréis que os resultará más sencillo de lo que parece comprenderla, y quién sabe, quizás al final de la reseña os animáis a haceros con el ejemplar, no sólo porque es fascinante sino también para animaros a aprender un poco de esta hermosa lengua.
Autor: Peio Lopez-Iturri
Ilustradora: Irati Merino Petralanda
Editorial: Galaxia
Idades: 3+
Sinopse:
Esta lectura ten como protagonista a Akna, una nena inuit que vive nunha illa chea de xeo e neve. Unha nena que nos mostra a importancia de coidar a nosa contorna con respecto, de que ter máis moitas veces é por codicia, non necesidade e isto perxudica a outras persoas e ao medio ambiente.
Aprendizaxes:
A mensaxe desta lectura é positiva e realmente importante para a sociedade na que vivimos, o coidado do medio; ainda que está moi presente en mensaxes que se envían nas aulas ou nos medios de comunicación ainda é unha tarefa pendente no noso día a día.
- Educación medioambiental: en xeral está lectura trata de transmitir unha mensaxe reflexiva, para que nenos e nenas se paren a reflexionar sobre a importancia da terra, de todo o que nos ofrece e cal é o noso papel. Pois ademais de ser consumidores/as debemos participar activamente na preservación e no coidado.
- Valores familiares: a realidade desta nena inuit é a dunha tribu unida, na cal as familias cooperan e se apoian.
- Papel da infancia: o papel dos nenos e nenas é fundamental, e moitas veces queremos medrar antes de tempo, sen embargo con esta lectura dámonos conta que o papel de nenos e nenas non é o mesmo co dos adultos, senón que teñen que disfrutar da súa infancia, xogar, explorar, etc.
- Consumismo: este libro é sinxelo, claro e sobre todo está cargado de potencialidade. Ensina que consumir moito non significa satisfacer as necesidades vitais, pois en moitas ocasións con menos sería suficiente. Deste xeito axudamos ao planeta, axudamos a preservar a biodiversidade e atopamos o equilibro xusto para a convivencia.
Valoración persoal:
Cómo comentábamos ao comezo, nos somos "fans" da editorial Galaxia dende que temos uso de razón pois nas nosas escolas sempre houbo lecturas desta casa. Por iso, cando coñecemos a Akna non nos sorprendeu que fora así de máxica.
Esta lectura engancha, fai que os máis pequenos e pequenas queiran afondar no mundo desta nena e se lle plantean cuestións vitais ao tempo que avanza a historia. Ademais disto as ilustracións son moi carismáticas e transportan ao lector ou lectora a esa illa conxelada na que se narran os feitos.
Os persoaxes son tan realistas que conmoven e sen dúbida consiguen transmitir todos os valores que sinalamos no punto anterior.
¡Unha obra moi recomendada, polo seu contido e polo seu formato!
Actividades:
A lectura é fermosa, pero sabedes que a nós nos encanta sempre buscar como complementala e así aproveitar esta ferramenta para seguir traballando e sacarlle máis partido, tendo como obxectivo conseguir aprendizaxes realmente significativas.
Con estas actividades o que pretendemos é que os máis pequenos e pequenas traballen ademáis dos conceptos da lectura, os números e o coidado do medio.
- ¡Imos de pesca!
Para realizar a actividade só necesitaredes un dado e descargar os PDF que creamos.
A actividade podédela realizar con distintas variantes, adaptándoa a cada neno ou nena. A dinámica é sincela, deberán tirar o dado na xanela correspondente e a continuación colocar tantas baleas no recuadro de abaixo como marque o dado. Ou doutro xeito será ter colocadas as baleas no recuadro e deberán pescar tantas como lles indique o dado; para isto podemos adaptalas colocándo imáns ou do xeito que nos resulte máis cómodo, pois será unha forma de traballar a motricidade fina.
A lectura ten moitas mensaxes e transmite valores sobre a importancia do coidado do medio, e por ese motivo que se nos ocurriu traballar en pequenos cambios do día a día para reducir a nosa pegada e preservar na medida do posible os ecosistemas.
Con esta actividade que vos propoñemos, nenos e nenas deberán traballar a imaxinación e sentirse detectives ao longo da semana. Terán unha lista de tarefas, e deberán ir completándoas a medida que pasan os días.
En primeiro lugar deberemos entregarlle a ficha e eles e elas deberán interiorizar os seus retos e tratar de buscar cómo cumplilos.
Por exemplo, reducir o consumo de auga: para iso deberán controlarse e controlar aos demáis para que non teñan a billa aberta se non é necesario.
Todos e todas deberán cumplimentar a ficha e ao final da semana poránse en común como lograron cumprir os seus obxectivos ou se lles quedou algún sen facer.
O divertido da dinámica e que deben adoptar o rol de detectives e ir corrixindo estas actividades de forma "encuberta", tratando de que deste xeito tomen conciencia ao tempo que se divirten.
Animámosvos a visitar a WEB da Editorial Galaxia e coñecer os seus títulos ¡seguro que vos encantan! Tamén podedes visitar o seu perfil de INSTAGRAM (@galaxiaeditorial).
E se conseguimos chamar a vosa atención con esta obra e queredes facervos co voso exemplar so tedes que facer clic no seguinte ENLACE. É un pequeno xesto que axuda a manter vivo este proxecto.
Comentarios
Publicar un comentario