ES TI O MEU AMIGO?

Bos días lectores e lectoras o 30 de xullo ademáis da chegada a Lúa celebrase o Día da Amizade, polo que nos queremos destacar este día cunha reseña moi especial da man do coello Dentón que nos fai cabilar sobre que son os amigos e os coñecidos.

Datos do libro:

Autora: Magda Soldado

Ilustrador: Jacobo Muñiz

Editorial: Baía 

Idades: 3+


Sinopse: 

Historia que profunda sobre o sentido da auténtica amizade. Esta historia descúbrenos o verdadeiro significado da palabra amizade a través do coello Dentón e os sus "amigos", despois de que tivera unha gran inundación na súa casa.


Aprendizaxes e valores:

  • Constancia: con este libro aprenderás a importancia de ser paciente. Pois o noso querido coello vai insistindo de porta en porta para que algún lle deixe durmir na súa casa.
  • Respecto pola diversidade: Na lectura vemos como os outros animais rexeitan a súa amizade quizais porque son diferentes. 
  • Empatía e intelixencia emocional:  ensina aos máis pequenos a empatizar co que senten as persoas que nos rodean, ensínalles a reflexionar e explorar emocións.

Opinión persoal: 

En primeiro lugar destacar que esta historia é moi sinxela e recomendamola para a súa dramatización e para traballar o valor da amizade. Cómo comentábamos ao comezo, nos somos "fans" da editorial Baía dende fai varios anos, na non nos sorprendeu que fora así este álbum. 


Rematamos cunha frase deste libro:
O" benestar do outro nos dá  a felicidade másis completa".

Actividades:

Cómo non podía resultar doutro xeito non podíamos desaproveitar a oportunidade para seguir traballando esta lectura e convertila (se cabe), nun recurso ainda máis significativo. 

Como xa sabes sempre intentamos ter unha línea de traballo en contacto con un mesmo e o noso medio.

1. Dentro da metodoloxía Montessori a través dos seus desacordos e frustracións, os nenos e nenas aprenden a pensar con empatía e a comprender que as relacións son recíprocas. Os profesores seguindo a filosofía de Montessori traballaremos o diálogo polo tanto farán preguntas sinxelas pero valiosas como: "Cal é o problema?" Ou "Que pasou?", Pero tamén resaltan a reflexión: "¿Como te fai sentir isto?" E o máis importante: "Como cres que se sente o teu amigo/a agora mesmo?

2. Bingo dos amigos, das amigas. Servirá para coñecer aos nosos amigos/amigas un pouquiño máis. PDF


3. Diploma pola amizade, diploma para o mellor amigo/amiga do mundo. O agasallo perfecto para o día da amizade.. PDF
4. Sopa de letras. Deberedes atopar os nomes dos amigos de Dentón e quen e quen.PDF




5. Uno Splash. Temos uns días de calor que nos fan sentir o verán , polo que pensamos que sería moi boa idea acompañar esta reseña cun xogo acuático para que os levedes á praia, á piscina ou simplemente a xogar en na casa e pasalo ben coa familia ou cos amigos. O xogo do UNO, na súa versión de auga, para que as cartas poidan mollarse e levalas a onde queiramos, tamén ten outras vantaxes, como que as cartas non se dobran e que poden ser limpo. 

Trátase de usar as cartas de xeito estratéxico para evitar que outros rematen primeiro e facelo nós mesmos. É un xogo cunha dinámica sinxela pero que garante pasalo moi ben. Xa conseguimos esta versión de UNO e encántanos moito, o único problema que atopamos é que as cartas quedan pegadas unha vez que están molladas, pero é cuestión de ter un pouco de coidado e o xogo será igualmente moi entretido. Encargamos o noso
Animámosvos a visitar a WEB da Editorial Baía e coñecer os seus títulos ¡seguro que vos encantan! Tamén podedes visitar o seu perfil de INSTAGRAM (@baiaedicions).

E se conseguimos chamar a vosa atención con esta obra e queredes facervos co voso exemplar so tedes que facer clic no seguinte ENLACE. É un pequeno xesto que axuda a manter vivo este proxecto. 


Por último, non olvidedes de seguirnos nas nosas redes INSTAGRAM ou FACEBOOK ¡para estar sempre ao día das nosas publicacións!

Comentarios