Autor e autora: Cé Orquestra Pantasma
Ilustradora: Cristina Ouro
Editorial: Miudiño
Idades: 1+
Sinopse:
Este libro-CD de Cé orquestra pantasma conta con vintecatro cancións sinxelas e cariñosas para nenos e nenas de entre 0 a 6 anos.
Aprendizaxes e valores:
Este álbum musical ten un gran potencial, para traballar as partes do corpo, os saúdos, o coñecemento do medio e a ampliación de vocabulario.
A súa temática é clara e sinxela polo que podemos aproveitar para darlle un enfoque positivo e fomentar entre outras cosas a educación medioambiental.
- Vocabulario en galego: moitos nenos e nenas, por desgraza, poucas veces escoitan cantigas (ou conversas) en galego; por ese motivo cremos que este tipo de lecturas son moi necesarias, para non perder a riqueza da nosa lingua.
- Transmisión da cultura: Galicia é terra, Galicia é xente, xente que transmite o seu coñecemento de boca en boca. Nós aconsellamos esta lectura como representación destas cantigas, destes valores culturais que cremos que deben pasar de xeración en xeración.
Opinión persoal:
A sinxeleza desta obra namorounos dende que a tivemos nas mans, as súas letras sinxelas e as posibilidades que ofrece: de bailes e xogos que nos propoñen con cada unha das cantigas. Sen dúbida esta lectura sorprendeunos e comezaron a xirar na novas actividades para levar a cabo na nosa aula.
Este recurso é estupendo para traballar dunha forma dinámica actividades como os saúdos cando entramos e saimos da clase, entre outras cousas.
Ademáis do potencial das cancións como lectura o feito de que conte cun CD faino moito máis atractiva para a infancia. Ademais as lecturas veñen acompañadas cunhas ilustracións fermosas e coloridas.
Debedes conseguir un exemplares para comprender o que dicimos, pero merecerá a pena.
Actividades:
Cómo non podía resultar doutro xeito non podíamos desaproveitar a oportunidade para seguir traballando esta lectura e convertila (se cabe), nun recurso ainda máis significativo.
- As nosas mans. Pintar con dedos é unha actividade divertida e gratificante. Permite aos nenos e nenas desenvolver e mellorar a súa sensibilidade táctil. Mellora a súa creatividade e fantasía; mellora a coordinación ollos man e a destreza manual. Nesta actividade propoñemos estampar a man e despois recortar e pegar o nome dos dedos onde corresponda. PDF
- Traballar a musicalidade. Na rede atopamos unha das cancións do álbum,para que coñezados o fermoso que é e as súas posibilidades. Con elas poderemos traballar a educación musical que tan esquecida é en tantas ocasións.
- Observamos os caracois. Nestes días co soliño case todos/as atopamos caracois polo que vos propoñemos aprender a canción e despois debuxar ou pegar a foto do voso caracol. PDF
- Caixa de música. Animamosvós a crear unha caixa con instrumentos musicais como maracas, platillos, crotalos e a modo de descubrimento ir sacando un a un escoitado o ser son e adiviñando de cal se trata. Esta actividade promove os hábitos de silencio e espera: isto é así porque para a presentación da canción aos nenos, previamente buscaremos un recuncho tranquilo e agradable na aula, onde o educador presente a canción con tranquilidade e seguindo un proceso de descuberto.
- Recoñecemos e asociamos instrumentos. Nesta actividade teremos que unir os nomes co instrumento correspondente. PDF
- Construcción dunha maraca. Seguindo coa nosa línea de traballo e respecto o medio ambiente propoñemosvos a creación dunhas maracas.
Comentarios
Publicar un comentario