Bos días lectoras e lectores, o sábado pasado celebrouse o DÍA INTERNACIONAL LIBRE DE BOLSAS DE PLÁSTICO.
Por ese motivo queremos presentarvos este álbum ilustrado, como unha metáfora dunha realidade idílica. Nel faise alusión a un mundo máxico onde se atribúen cualidades diferentes a cada animal, é un mundo máxico onde as bolsas de plástico desaparecen e non interfiren na vida dos animais.
Datos do libro:
Autor: Xosé Tomás
Editorial: Galaxia
Idades: 3+
Sinopse:
Existe unha fraga, a Fraga Revirada, que se chama así porque nela habitan seres únicos, excepcionais, irrepetibles. Neste álbum ilustrado podemos encontrar uns relatos de animais únicos que rachan cos límites da súa especie, como un lobo vexetariano ou unha curuxa que quere vivir de día; aínda que o máis importante da lectura é que os protagonistas cren en si mesmos.
Ademáis este libro ven acompañado de moitísimos xogos e pasatempos que farán a lectura máis divertida e completa.
Aprendizaxes:
A mensaxe desta lectura é realmente importante e positiva para a sociedade na que vivimos, pois nela trátase a importancia do coidado do medio.
Podedes pensa que é unha temática bastante recurrente nas aulas ou nos medios de comunicación, pero a realidade é diversa e temos un longo camiño que avanzar para conseguir concienciar a poboación da importancia de coidar a contorna.
A lectura é unha fonte de aprendizaxe:
- Educación medioambiental: en xeral está lectura trata de transmitir unha mensaxe reflexiva, para que nenos e nenas se paren a reflexionar sobre a importancia da terra, de todo o que nos ofrece e cal é o noso papel.
- Autoestima: os e as protagonistas transmiten unha mensaxe de superación, de loitar e creer nun e nunha mesmo/a para ser aquilo que nos fai felices.
- Diversidade en positivo: todos e todas somos distintos/as, e iso é un valor engadido para a sociedade, a lectura transmite esa mensaxe da riqueza nas diferenzas.
- Amizade: como seres humanos somos seres sociais e por iso é importante rodearnos de persoas que nos aporten. Por iso é importante ensinar dende a infancia a importancia da amizade.
- Deconstrucción de roles ou esterotipos: ¿un lobo vexetariano? ¿por qué non?, é importante romper cos estereotipos e cos roles, ensinar a nenos e nenas a ser eles/as mesmos, sen importar o "socialmente establecido". Esta mensaxe que transmite a lectura é realmente importante, pois ensina a cada un /unha a ser feliz.
- Creatividade: o mundo no que acontecen as historias é un mundo máxico, un mundo que estimula a nenos e nenas a crer na maxia, a vivir con intensidade e sobretodo a soñar cun mundo ideal.
Valoración persoal:
Se nos seguides dende fai tempo xa veríades noutras das nosas publicacións que nós somos "fans" da editorial Galaxia dende que temos uso de razón; pois nas nosas escolas sempre houbo lecturas desta casa.
Este exemplar non nos defraudou pois é unha lectura sinxela a par que dinámica. Dela destacaríamos ese carácter divertido que aproveita o autor para tratar a diversidade, para inspirar a cada neno e nena que teña nas súas mans este exemplar e para invitar a ser como desexen ser, sen importar nada máis.
Os textos son dinámicos e sinxelos ao alcance de calquera lectura autonóma, o que farán a lectura moi atractiva, ademais están acompañados dunhas ilustarcións fermosas que teñen unhas cores que te transportan ata a fraga.
En xeral definiríamos esta lectura como divertida, sen olvidarnos de destacar o feito de que inclúe actividades que acompañan a cada capítulo e que para nós fan que o conxunto da lectura sexa un cinco estrelas.
Actividades:
A lectura é fermosa, pero sabedes que a nós nos encanta sempre buscar como complementala e así aproveitar esta ferramenta para seguir traballando e sacarlle máis partido, tendo como obxectivo conseguir aprendizaxes realmente significativas.
Con estas actividades o que pretendemos é que os máis pequenos e pequenas traballen ademáis dos conceptos da lectura, os números e o coidado do medio.
A continuación deixámosvos un pequeno adianto das actividades que podedes atopar no interior da lecura. Estas actividades son lúdicas pero tamén didácticas xa que con elas poderemos traballar diversos conceptos como: vocabulario, creatividade e debuxo, características dos animais, pensamento lóxico, funcións executivas, etc.
2. Caderno dos animas da Fraga Revirada
A lectura transmite valores sobre a importancia do coidado do medio; por ese motivo ocurrísuenos traballar o medio natural coas novas tecnoloxias creando un caderno cos persoaxes da Fraga.
Cada páxina contén un animal cun código QR que nos leva a GALIPEDIA, ademais da proposta de colorear, debuxar ou recopilar. Deste xeito estarán aprendendo sobre a fauna ao tempo que estimulan a creatividade e o uso das TIC.
3. Creación de bolsas de tea.
Por último, aproveitando a celebración do día sen bolsas de plástico animamovós a que frabiquedes a vosa propia bolsa de tea. Deste xeito poderedela levar sempre con vós para facer os recados, reducindo o uso do plástico e axudando ao planeta.
Nós xa temos as nosas, podedes decoralas con aquilo que máis vos guste e engadirlle aquelas cores que vos fagan sentir ven.
A nós encántanos Frida polo que aporveitamos para facer un deseño dela, usando cores para teas e tamén material de costura.
Animámosvos a visitar a WEB da Editorial Galaxia e coñecer os seus títulos ¡seguro que vos encantan! Tamén podedes visitar o seu perfil de INSTAGRAM (@galaxiaeditorial).
E se conseguimos chamar a vosa atención con esta obra e queredes facervos co voso exemplar so tedes que facer clic no seguinte ENLACE. É un pequeno xesto que axuda a manter vivo este proxecto.
Comentarios
Publicar un comentario