Esta lectura é moi rica, sobre todo no referente ao vocabulario xa que permite coñecer unha ampla variedade de flora e animais da nosa contorna.
- Vocabulario en galego: as novas xeracións empregan moitos castelanismos cando falan galego, por iso esta lectura é un reforzo positivo para traballar a nosa flora neste idioma, coñecendo tipos de folla e troncos.
- Descubrimento da flora: seguramente moitas persoas non son capaces de identificar as nosas árbores e grazas a este libro e como unha pequena guía da nosa flora e coñecer un pouco mellor a súa contorna.
- Medio ambiente: a situación da lectura axudaranos a introducir a importancia de coidar o medio ambiente.
- Regra das 3R: reducir, reciclar e reutilizar son tres palabras que debemos incluír no vocabulario dos nenos e nenas, e sobre todo aportar o significado e a importancia que teñen para coidar o noso fogar: o planeta.
- Pensamento crítico: en moitos casos, a aprendizaxe baséase unicamente na reprodución do contido, sen ir máis lonxe. É por este motivo que nos gusta este tipo de lectura que fomenta a reflexión e o pensamento crítico dende a infancia, para que os nenos poidan formar as súas opinións, coñecendo aquelas árbores que non son tan beneficiosas e ameazantes para o noso ecosistema.
Como podedes deducir despois de ler as aprendizaxes da lectura este libro é un recurso moi completo en canto a contido, cun texto asequible que combinado coas imaxes permite adentrarse nos bosques, soutos e na contorna.
As cores e as ilustracións fan desta obra un recurso co que captar a atención dos nenos e nenas. Sen dúbida unha vez o tivemos nas nosas mans nos sorprendeu máis do que esperábamos, polo que se nos viñeron a mente mil formas de acompañar esta lectura; que de por sí xa ten un potencial increíble.
Para nos é super importante transmitir dende a infancia a importancia do coñecemento e coidado do medio, pero sobre todo para saber que é o que temos ao noso redor. Moitas veces nas escolas pecamos de non facer suficiente fincapé na aprendizaxe dos elementos do noso ecosistema. Este libro é unha ferramenta que xa forma parte da nosa "maleta de emerxencias pedagóxicas".
Actividades:
Como non podía ser doutro xeito, buscamos sacar o máximo potencial deste libro. Para facelo creamos unha serie de actividades que permiten acadar unha aprendizaxe significativa.
1. Dossier de actividades: facendo fincape no seu título, podedes descargar un libro de actividades referentes O CARBALLO, no cal plasmaremos o tipo de folla, o seu froito, os usos da súa madeira, etc. PDF
3. Traballamos os números ABN: aproveitando os froitos do carballo "AS LANDRAS", creamos unha actividade matemática manipulativa; seguindo coa nosa metodoloxía de ABN.
Nesta actividade teñen que ir collendo tantas landras como o número indica na caixiña e ir pouco a pouco axudándose das pinzas para colocalas no seu lugar.
Comentarios
Publicar un comentario