Buenos días lectoras y lectores, últimamente cuando nos paramos a escribir los post nos damos cuenta de que el tiempo, cuando estás ocupada/o puede pasar volando. Hace nada estábamos hablando de ideas para regalar en navidad y hoy estamos acabando enero.
Con el mes casi acabado y con un tiempo soleado para lo que estamos acostumbradas en Galicia hemos pensado en hablaros sobre un memory que nos parece super especial. Todas y todos sabemos la dinámica de este juego y su potencial a la hora de usarlo; por eso todas sus variantes nos encantan, en especial la que os vamos a presentar hoy, pues tiene como protagonista de sus piezas la naturaleza gallega.
Número de jugadores/as: De 2 a 4
Duración aproximada del juego: 20 Minutos
Edad mínima recomendada: +4 anos
Tipo: Xogo para nenos
Género: Familiar
Idioma: Galego
Marca: AIRA EDITORIAL
DE QUÉ TRATA O XOGO:
Como xa mencionamos na introdución, o xogo é un "memory", un xogo de cartas que pon a proba a nosa memoria visual. O que o fai máis interesante é que con el poderemos coñecer a nosa fauna e flora dunha forma lúdica.
APRENDIZAXES E HABILIDADES:
- Atención: concentrarse e prestar atención non sempre é doado, mesmo para os adultos, polo que os xogos son as mellores ferramentas para traballar esta habilidade. Neste en concreto, terás que prestar moita atención ás fichas e a eses detalles.
- Concentración: a atención e a concentración neste xogo van da man, hai que activar todos os sentidos para atopar esa relación entre as fichas.
- Pensamento lateral: outra cousa que nos encanta deste xogo é que estimula o pensamento lateral, desenvolvendo e estimulando a parte máis creativa do noso cerebro.
- Observación: Para recoñecer as similitudes é importante observar, é dicir, mirar detidamente, sendo conscientes de cada un dos elementos que temos diante.
- Velocidade de procesamento: durante o xogo, debes estar atento/a, observando as accións dos demais; e as diferentes fichas que saen, adestrando así a velocidade de procesamento e a capacidade de executar accións simultaneamente: observación e concentración.
- Función executiva: esta función encárgase de estimular as habilidades cognitivas para acadar un obxectivo, neste caso asociar cartas e gañar a partida.
PREPARACIÓN DA PARTIDA:
Poñer todas as fichas boca abaixo en en fileiras para facilitar a memorización, se xogamos con nenos/as con NEAE, entón podemos reducir ou seleccionar o número de fichas.
¿CÓMO SE XOGA A NATUREZA NO CAMIÑO DE SANTIAGO?
Xógase por quendas.
O primeiro xogador/a (o máis novo/a) dálles a volta a dúas fichas e amósallas ao resto de xogadores/as.
Se as dúas fichas forman unha parella gárdaas e continúa a xogar até que non consiga formar outra parella. Se non consegue ningunha parella vólveas colocar boca abaixo no mesmo lugar no que estaban.
Pásase a vez; o seguinte xogador/a dálles a volta a dúas cartas máis e pode relacionalas entre si ou coas que xa se amosaran anteriormente co fin de formar unha parella. O xogo finaliza cando acaban as cartas. O vencedor ou vencedora é o xogador/a que deu feito o maior número de parellas.
VALORACIÓN PERSOAL:
Este xogo debemos valoralo de forma moi positiva, non só porque recolle esas habilidades que mencionamos no apartado anterior, senón porque é unha forma de dar visibilidade a nosa paisaxe. Moitos nenos e nenas non son capaces de ver máis alá, saben onde vivimos pero non son capaces de identificar que árbores forman parte da nosa natureza.
Estas aprendizaxes sobre "o noso" consideramos que son fundamentais, para así comezar a valorar o que temos.
Por outra banda, destacar o formato do xogo, que ven dentro dunha caixa fermosa, e que ademais conta cunhas ilustracións que personalmente consideramos INCREÍBLES. Todo xunto ten como resultado un xogo magnífico co que aprender e desfrutar tanto nas aulas como nas casas.
ACTIVIDADES PROPOSTAS:
Para complementar o xogo pensamos que podería ser interesante traballar na lectura de tarxetas tres partes seguindo a Montessori en GALEGO e CASTELÁN cos nosos modelos de árbores.
De este modo ampliaremos o vocabulario e seguiremos aprendendo sobre árbores e natureza.
Animámosvos a visitar a EDITORIAL AIRA e coñecer os seus títulos ¡seguro que vos encantan! Tamén podedes visitar o seu perfil de INSTAGRAM (@airaeditorial).
E se conseguimos chamar a vosa atención con este xogo e queredes facervos co voso exemplar so tedes que facer clic no seguinte ENLACE.
Os pasamos un enlace para hacer vuestras copias a buen precio, nosotras ya lo hemos probado y nos ahorramos un dinerillo del tóner COPYFLY
Comentarios
Publicar un comentario