Buenas noches lectoras y lectores, esta semana queremos enseñaros un libro que nos ha hecho mucha ilusión recibir, no únicamente por su temática, con la que trabajaremos la diversidad; sino también por la dedicatoria de la autora que nos hace partícipe de este proyecto y nos permite compartirlo con vosotros/as.
Os animamos a seguir leyendo, aunque no conozcáis el gallego, ya que creemos que su comprensión es sencilla y con él podremos romper barreras.
Datos do libro:
Título: DEDAS
Autora: Soledad García
Ilustradora: Laine Villero
Deseñadora: Natalia Guisande
Editorial: Solaina
Temática: infantil
Idades: 1+
Sinopse:
Benvidas e benvidos ao mundo de DEDAS, unha historia fermosa de dúas nenas tan iguais e tan diferentes á vez, que nos levarán a descubrir as cualidades de cada unha delas.
Nesta historia unha nena coñece a unha serea; unha serea coñece unha nena. Unha quere ser como a outra e unha noite de lúa chea ocurre o cambio. Coas protagonistas poderemos afondar sobre as diferenzas, que descubriremos que non son tan grandes como moitas veces nos imaxinamos.
Aprendizaxes e valores:
O potencial desta lectura é dar visibilidade a infancia, a imaxinación e sobre todo á diversidade. Na lectura podemos destacar diferentes valores como:
- Empatía: nesta lectura os nenos e nenas aprenderán a importancia de empatizar e poñerse na pel dos demais.
- Educación en valores: a lectura, como xa verás, ensina valores: directa e indirectamente. Con ela, nenos e nenas poderán reflexionar sobre o que as veces desexamos pero que xa somos capaces de facer.
- Nocións temporais: día e noite, ademais dos días da semana: de luns a domingo e os meses do ano a través da súa historia persoal.
- Diversidade: coas protagonistas afondaremos na diversidade e na riqueza das diferenzas, para romper barreiras e reflexionar sobre os estereotipos.
Valoración persoal:
Dedas é un libro fermoso co que pasamos un momento super especial compartindo esta lectura tanto co noso alumnado como na casa con Alba. As cores claras conseguen despertar o interés dos máis pequenos e pequenas, que quedaran prendados con esas ilustracións que lles axudan a traballar a imaxinación; ademais de favorecer o seguimento da historia.
A tavés de este álbum ilustrado coñeceremos a vida dunha nena e unha serea tan diferenes a primeira vista e tan iguais en todo; pois cada unha vai pasando pola vida contanto os días, os meses e as súas experiencias persoais: desexando cada unha a vida da outra sen decatarse de que a súas andainas son iguais sendo a única das diferencia as DEDAS.
Para nós este libro ten cinco estrelas.
Actividades:
Como de costume quixemos complementar a lectura cunhas actividades, para profundizar na temática e tamén para complementar traballando outras habilidades que é necesario desenvolver dende idades tempranas como a música, a observación ou a motricidade.
- XOGO: "Vexo, vexo" é un divertido xogo de observación no que ademáis traballaremos o ritmo e a expresión oral.
Cantos máis xogadores no xogo, mellor. Será máis divertido así!
Un dos xogadores pensa nun obxecto e di en voz alta:
-"Vexo, vexo"
O resto dos xogadores responden:
- "Que Ves?"
O primeiro xogador responde:
-"Unha pequena cousa..."
E engade unha das seguintes opcións á frase:
-«... de cor...»- e sinala unha das cores que caracterizan o obxecto (p. ex. verde, amarelo, vermello...).
-«... que comeza por...»- e pronuncia a letra inicial do obxecto (a, a d, a t...).
O resto dos participantes teñen que adiviñar de que se trata.
Así, nomearán distintos obxectos mentres o primeiro xogador responde "si" cando teña razón e "non" cando non.
Quen gañe será quen comezará o xogo de novo!
- MARCA AS DIFERENZAS:
Esta actividade creámola empregando ás protagonistas da historia, con ela pretendemos traballar non só a observación; senón tamén a reflexión.
Unha vez realizada a actividade sería interesante compartir opinións sobre as diferenzas e sobre os puntos en común.
- ESTAMPA AS TÚAS MANS
Como vos comentamos, coa lectura poderemos traballar tanto os meses como os días da semana. Pero para facer este aprendizaxe máis significativo e conseguir que interioricen os días da semana propoñémosvos a seguinte actividade:
Con acuarelas e pinta unha das túas mans e escribe en cada dedo o nome dun dos días da semana. Podes repetir a actividade escribindo o nome dos meses así decataranse de que lle faltan dedos.
Animámosvos a visitar a WEB da Editorial Solaina e coñecer os seus títulos ¡seguro que vos encantan! Tamén podedes visitar o seu perfil de INSTAGRAM.
Comentarios
Publicar un comentario