O LADRÓN DE PARAUGAS

 

Datos do libro:

Título: O ladrón de paraugas

Autor: Xosé Lueiro

Ilustradora: Sara Valcárcel

EditorialGalaxia

Temática: Diversidade

Idades: 1+


Sinopse:

Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento, para descubrilo, emprenderá unha fantástica viaxe, collido á empuñadura dun paraugas, onde, o moi sabichón dará cumprimda resposta ao seu misterio.


Aprendizaxes:

A mensaxe desta lectura é realmente importante e positiva para a sociedade na que vivimos, pois nela trátase a importancia do coidado do medio e a diversidade na que nas atopamos

A lectura é unha fonte de aprendizaxe:
  • Educación medioambiental: en xeral está lectura trata de transmitir unha mensaxe reflexiva, para que nenos e nenas se paren a reflexionar sobre a importancia da terra, de todo o que nos ofrece e cal é o noso papel. 
  • Autoestima: pois dalle vida aos paraugas como obxectos máxicos para superar os nosos medos ou neccesidades.
  • Creatividade: o mundo no que acontecen as historias é un mundo máxico, un mundo que estimula a nenos e nenas a crer na maxia, a vivir con intensidade e sobretodo a soñar cun mundo ideal. 

Valoración persoal:


Pero este exemplar concretamente fixonos ver que as veces as respostas no son tan sinxelas para explicarlle os nenos e nenas e con un toque de imaxinación podemos conseguir moitas cousas.

Dende hoxe os nenos e nenas verán neses paraugas rotos polo vento utensilios moi necesarios e máxicos como ser invisible se é de cor azul, unha ducha se son prateados, ou provocarnos risa se son colorados.

Igual que Fazulas , xa sabe de que cor é o vento,..., é a da cor dos soños que soñan os nenos e nenas.





Actividades:

1.- Na mesa de luz fixemos varias actividades, como por exemplo:

- Clasificar as fichas por cores nos paraugas iguais dende a mesa de luz.




- Asociar números cantidades, aproveitando os números de neón, que podemos usar tamén coa luz negra, se estades interesados en este material non dubidedes en acudir o seu Instagram (@resinpapis).



- Compoñer as palabras das cores, coas letras manipulativas Montessori de as LETRAS DE TONI https://www.instagram.com/lasletrasdetoni/ 


2.- Pintar os paraugas tal e como indican os cadrados


3.- Busca os paraugas levados polo vento que son iguais

4.- Atopa as sombras destes paraugas


5.- Colorea ou debuxa o paraugas da cor que máis che gusta tendo en conta as cualidades de cada un que aparecen no conto.

Animámosvos a visitar a WEB da Editorial Galaxia e coñecer os seus títulos ¡seguro que vos encantan! Tamén podedes visitar o seu perfil de INSTAGRAM (@galaxiaeditorial).

E se conseguimos chamar a vosa atención con esta obra e queredes facervos co voso exemplar so tedes que facer clic no seguinte ENLACE. É un pequeno xesto que axuda a manter vivo este proxecto. 

Os pasamos un enlace para hacer vuestras copias a buen precio, nosotras ya lo hemos probado y nos ahorramos un dinerillo del tóner COPYFLY
Por último, non olvidedes de seguirnos nas nosas redes INSTAGRAM ou FACEBOOK ¡para estar sempre ao día das nosas publicacións!

Comentarios