Bos días lectoras e lectores, hoxe presentamosvós un libro para pensar porque basease no patio dun colexio e as súas merendas, pensado para esa educación en valores sobre a saúde e os hábitos alimentarios que preocupan tanto hoxe en día na nosa sociedade.
Datos do libro:
Título: Gaivota Gourmet
Autor: O Hematocrítico
Ilustrador: Alberto Vázquez
Editorial: Xerais
Temática: Educación para a saúde, os días da semana.
Idades: 1+
Sinopse:
Á gaivota Mori encántalle comer sempre no mesmo restaurante: o patio do cole! Un conto de humor sobre como nos alimentamos.
Aprendizaxes:
A
mensaxe desta lectura é realmente importante e positiva para a
sociedade na que vivimos, pois nela trátase a importancia do coidado da nosa saúde e a diversidade na que nos atopamos
A lectura é unha fonte de aprendizaxe:
- Educación para a saúde: en
xeral está lectura trata de transmitir unha mensaxe reflexiva, para que
nenos e nenas se paren a reflexionar sobre a nosa alimentación e fomentará a adquisición de hábitos saudables na alimentación.
- Nocións temporais: xa que coa historia inculcaremos os días da semana e as rutinas.
- Creatividade: o mundo no que acontecen as historias é un mundo máxico, un mundo que estimula a nenos e nenas a crer na maxia, a vivir con intensidade e sobretodo a soñar cun mundo ideal.
Valoración persoal:
Este exemplar concretamente fixonos ver e conversar sobre os hábitos alimentarios dos nosos pequenos e pequenas na hora do patio e sobre o que consideran eles que é san ou bo para o noso corpo.
Actividades:
1. Ilustrar o conto co que come cada día Gaivota Gourmet.
2. Facer un planificador de merendas semanais saudables, adxuntamos a plantilla.
E se conseguimos chamar a vosa atención con esta obra e queredes facervos co voso exemplar so tedes que facer clic no seguinte ENLACE. É un pequeno xesto que axuda a manter vivo este proxecto.
Por último, non olvidedes de seguirnos nas nosas redes INSTAGRAM ou FACEBOOK ¡para estar sempre ao día das nosas publicacións!
Comentarios
Publicar un comentario