Datos do libro:
Autora: Julie Bezdêková
Ilustradora: Magdalena Takáčová
Editorial: Baía
Idades: 1+
No bosque viven unha morea de animais. Algúns vense a pleno día, outros só os podes observar en raras ocasións, son difíciles de ver pero podes escoitar as súas voces se premes os botóns máxicos deste libro. Aproveita e aprende, porque o bosque nunca dorme!
Para complementar a lecutra pensamos que podería ser interesante traballar coas tarxetas tres partes seguindo a Montessori en GALEGO e CASTELÁN cos nosos modelos de árbores.
De este modo ampliaremos o vocabulario e seguiremos aprendendo sobre árbores e natureza.
Datos do libro:
Autora: Julie Bezdêková
Ilustradora: Magdalena Takáčová
Editorial: Baía
Idades: 1+
Que ocorre na granxa despois de que o canto do galo esperta os animais? Ben, pois que as vacas brúan, as ovellas bean, as galiñas cacarexan, os porcos roñas... na granxa sempre hai tarefas que facer! Descúbreas neste libro e preme os botóns para escoitar as voces dos animais.
A actividade que propoñemos hoxe é descubrir que animais nacen de ovos, para iso empregamos o material da maestra lauralgar, concretamente o OVO LANTERNA.
Pasámosche unha enlace para facer as túas copias a bo prezo, xa o probamos e aforramos un pouco de tóner COPYFLY.
Aquí vos mostramos o ben que o pasamos: Nós imprimímolas e plastificámolas; logo cunha lanterna por detrás vimos quen se agochaba en cada ovo.
E se conseguimos chamar a vosa atención con esta obra e queredes facervos co voso exemplar so tedes que facer clic no seguinte ENLACE. É un pequeno xesto que axuda a manter vivo este proxecto.
Comentarios
Publicar un comentario