Para os que non saibades o que é a coeducación, contarémosvos un pouco máis: A escola mixta é a institución que practica con todo o alumnado un “proceso intencionado de intervención a través do cal se promove o desenvolvemento dos nenos e nenas partindo da realidade de dous sexos diferentes, cara a un desenvolvemento persoal e unha construción social común e non confrontada”. (Alacante Feminario, 1987).
Neste modelo, o que predomina é a vontade de cambio, que chega despois do recoñecemento e análise do sexismo que se dá tanto nos centros educativos como nas sociedades. Cómpre crear conciencia do que significa romper co modelo tradicional de sociedades patriarcais e da dificultade que iso supón xa que se instala como un modelo excelente e mesmo como un modelo de xustiza.
A igualdade é o punto de partida, trátase de eliminar a connotación negativa das diferenzas e da diversidade. Esta é unha das fases máis complicadas deste tipo de escolas para as democracias, xa que deben buscar redefinir, revalorizar e incluír de forma positiva a aqueles que foron excluídos secularmente. Aquí uniríanse mulleres, mulleres de todo o mundo excluídas do poder e aqueles homes de culturas non hexemónicas.
Sinopse do libro:
Este libro afonda nas características definitorias da sexualidade infantil, os seus comportamentos máis peculiares, os seus desexos e sentimentos nacentes e os seus pensamentos máis orixinais dende o punto de vista infantil e contado dende a prespectiva dunha nena.
Animámosvos a visitar a WEB da Editorial Xerais e coñecer os seus títulos ¡seguro que vos encantan! Tamén podedes visitar o seu perfil de INSTAGRAM(@edicionsxeraisgalicia).
E se conseguimos chamar a vosa atención con esta obra e queredes facervos co voso exemplar so tedes que facer clic no seguinte ENLACE. É un pequeno xesto que axuda a manter vivo este proxecto.
Por último, non olvidedes de seguirnos nas nosas redesINSTAGRAMouFACEBOOK ¡para estar sempre ao día das nosas publicacións!
Comentarios
Publicar un comentario